👉👉👉👉👀 PREME AQUÍ
luns, 23 de maio de 2022
AXUDÁMOSTE A ESCOLLER LECTURA PARA ESTE VERÁN!!!
Pica na ligazón que está máis abaixo. Na xanela, verase unha caixa con parellas opostas de gustos en temáticas diversas. Procura estados de ánimo e emocións e escolle catro do teu interese e a aplicación devolverache unha chea de títulos exclusivos para ti.
Que teñas unha feliz lectura!!!!!!!
mércores, 11 de maio de 2022
Empezar a ler nunha lingua estranxeira
Ler é unha ferramenta fundamental para reforzar e ampliar os coñecementos na aprendizaxe dun idioma. De todos xeitos, pode dar certa vertixe adentrarse nunha lingua que aínda non dominamos e máis no terreo escrito. Preséntovos aquí unha presada de consellos para comezar a ler na lingua que esteas a estudar.
- Poesía
Si, os teus ollos non te enganan, ese xénero tan "complicado" é unha ferramenta xenial para comezar a ler poesía. Por qué? Pois o normal é que as edicións de poesía sexan bilingües e ofrezan unha tradución ao outro lado da páxina. Non terás que ir ao dicionario cada vez que queiras atopar unha palabra nova, só cruzar a fronteira do lombo do libro.
Ademais, os poemas tenden a ser breves e autoconclusivos, poderás ir lendo aos poucos. Pérdelle o medo e adéntrate no mundo da lírica!
| The men are weeping in the gym, de Andrew Mcmillan no seu poemario Físico(2018) con tradución ao galego de Isaac Xubín na editorial Chan da Pólvora |
- Cómic
Se buscas un texto nunha soa lingua eu anímote a probar cos cómics. Aínda que a presenza do texto é importante, faise moito máis sinxelo ler co apoio visual. Pode ser unha boa maneira de introducirse na lectura en xeral e máis concretamente no idioma que estudas.
- Música
Non moi alonxado da poesía (Bob Dylan ten un Premio Nobel de literatura) atopámonos coa música. Omnipresente no noso día a día, reparar nas letras é algo que non facemos tanto. Para iso podemos botar man da aplicación chamada Genius. É unha aplicación colaborativa na que os usuarios colgan a letra e, non só iso, senón que tamén a van comentando e descifrando o que quería dicir o autor. E un mundo inmenso o de Genius e estou seguro de que atoparás a canción (ou incluso o poema) que a ti máis che encha o ollo
- Relatos
Se a lonxitude dunha novela che asusta, non deixes de intentar ler relatos ou mesmo microrrelatos. Son unha boa ferramenta para comezar a ler nunha lingua que non dominamos. Estou seguro de que a túa profe poderá recomendarte ben.
Por riba de todos estes consellos, o importante é intentalo e non desistir. As veces pode custar, pero cun pouco de esforzo achegaraste a un novo mundo de posibilidades lectoras.
martes, 3 de maio de 2022
Subscribirse a:
Comentarios (Atom)


